viernes, 30 de octubre de 2009

A gran polémica

Onte aparecía no xornal La Voz de Galicia esta noticia:

La Federación de Asociaciones de Vecinos de A Coruña y Área Metropolitana iniciará en las próximas semanas una campaña de recogida de firmas para apoyar la cooficialidad de los dos topónimos de la ciudad. La presidenta de la federación, Luisa Varela, confirmó ayer que esta es la postura que siempre mantuvo la entidad vecinal y que ahora es el momento oportuno «para que los políticos oigan a los ciudadanos».

En este sentido, recordó que en su momento el Gobierno de la Xunta impuso legalmente a los coruñeses cómo debían llamar oficialmente a su ciudad y que nunca se dio una oportunidad a los vecinos para que opinasen sobre ese tema. «A nosotros, a los coruñeses, es a quienes nos deberían haber consultado desde el principio. Lo que no nos gusta es que ahora nos utilicen como moneda de cambio y creemos que nos merecemos un respeto por parte de los políticos», aseguró Luisa Varela.

15.000 firmas de apoyo

El objetivo de la federación vecinal es lograr 15.000 firmas de apoyo a la cooficialidad para poder presentarlas en el Parlamento y que, de esta forma, se inicien las gestiones para modificar la Lei de Normalización Lingüística en el punto referido a la ciudad de A Coruña. La junta directiva de la federación vecinal, que se reunió ayer por la tarde, también aprobó que la recogida de firmas impulse el bilingüismo oficial en la ciudad coruñesa. La dirigente vecinal, que asistió el pasado lunes al pleno extraordinario que debatió sobre el topónimo, considera que la sesión se desarrolló «dentro de la normalidad». Sin embargo Luisa Varela calificó como «una gran desfachatez» que se vuelva a «remover» el tema del topónimo y considera que el PP no debería pedir al PSOE que vuelva a pronunciarse sobre la cooficialidad cuando ya lo hizo en el 2004 a través del pleno, «el mismo en el que los populares se abstuvieron».

Dende esta asociación e este blogue parécenos bochornoso o posicionamento da Presidenta da Federación Veciñal. Unha persoa como ela non pode situarse de ningunha das partes. Queremos dicir que o que ela debería de facer é primeiro antes de afirmar o que queren os veciños, que segundo ela é a "L", facer unha enquisa haber que é o que realmente queren , e non pór na fala da xente como afirma ela que se prefire a "L".
Parécenos un ataque directo aos veciños que tamén defenden a posición da "A", e non só iso, se non unha imposición pola súa banda, e directa dela de aplicar a súa doutrina impositiva, e castellanizadora dun topónimo.
Tamén queremos deixar claro que estas palabras son escritas recoñecendo que nós somos membros desta federación, e para que quede suficientemente claro e co maior respecto á entidade, gustaríanos demostrar o noso total desacordo con esa iniciativa considerándoa persoal por parte da presidenta, nunca por parte directa da federación.
Tamén queremos recordar e para que quede suficiente mente claro que a Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística di :
Articulo 1

1.O galego é unha lingua propia de Galicia

2. Todos os galegos teñen o deber de coñecelo e o dereito de usalo.

Articulo 10
1. Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.
2. Corresponde á xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia. O nome das vías urbanas será determinado polo concello correspondente.
3. Estas denominacións son as legais para todos os efectos e a rotulación terá que concordar con elas. A xunta de Galicia reglamentará a normalización da rotulación pública respectando en todos os casos as normas internacionais que subscriba o Estado.

martes, 27 de octubre de 2009

Pleno

Convocouse o Pleno extraordinario para debater a proposta do Grupo municipal do Partido Popular de permitir a cooficialidad do topónimo da nosa cidade tanto en galego como en castelán, para o vindeiro luns 26 de Outubro ás 9.30 h no Salón de Plenos de María Pita

As persoas que desexen asistir como público soamente teñen que vir entre as 9.00 e as 9.15 horas provistos do carné de identidade.

lunes, 26 de octubre de 2009

Cartas Veciñais

Hoxe recibimos esta carta que reflicte o sentimento dun veciño . Coa súa carta acompáñanos unhas fotografías que sacou un familiar seu. Parecíanos moi interesante pola no blog , así que espero que vos guste.



“Tengo 79 años a mi parecer muy bien llevados, uno de mis entretenimientos es pasear por las mañanas por la calle Barcelona, y recoger la prensa gratuita, ya que me cerca de casa y el medico me recomendó que caminase. Debido a las obras tuve que cambiar mi recorrido pero no me importó creyendo que todo iba a ser para mejor. Mi hijos y vecinos decían que la obra era para peor pero yo confiaba en que se equivocasen.
Pues cada día creo que tienen razón, creo que era mucho más bonita antes como estaba que no ahora. Y también mucho más segura. Porque yo con la edad que tengo me voy defendiendo pero muchos de mis compañeros de mañana no. Y cuando la calle está algo mojada se patina mucho. El ayuntamiento no pensó en la gente mayor en este caso porque a nosotros no gustaban la sombra de los árboles en verano, y los bancos para contar nuestros cuentos. Es una pena que gente como yo que hemos trabajado toda la vida ahora seamos simples números para la seguridad social, y aquí nos tengan tan abandonados. Mi hermano vive en monte alto, y va todos los días a jugar una partida y al parchís con las chicas como las llama el, al centro de la tercera edad, y tienen periódicos para leer, y aquí no tenemos nada, y ahora ni bancos para que nos podamos sentar.




Les pido que corrijan esta carta ya que ni educación no fue muy buena. Mi nieto el pequeño me enseño en internet el sito de la asociación y me dijo que escribiera algo por eso me animé a esto. Mi nieto me sacó unas fotografías con su cámara que supongo que también las enviará.
Muchas gracias y me aria una gran ilusión ver esto escrito en eso del internet.


Un Saludo Manuel B.C.”


miércoles, 14 de octubre de 2009

Queremos Galego


A plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO convoca unha gran manifestación en favor da lingua para o vindeiro domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela

O emblemático Café Casino de Santiago de Compostela acolleu na mañá de hoxe o primeiro dos actos públicos da plataforma cívica QUEREMOS GALEGO, nacida no pasado mes de xullo a partir dun proceso de debate e reflexión para articular unha resposta social todo o ampla posíbel fronte ás medidas que o goberno da Xunta está a impulsar contra a nosa cultura.

Na conferencia de imprensa celebrada hoxe, Fran Rei, en representación da comisión xestora de QUEREMOS GALEGO, deu conta do proceso de expansión territorial no que neste momento se encontra a plataforma, coa perspectiva de que nos próximos días conclúan os actos constituíntes, previstos nun total de 19 comarcas que abranguen, segundo explicou, “a práctica totalidade do país”. Será entón cando se coñeza o número de entidades e persoas a título individual que compoñen a plataforma, “se ben os actos que xa se realizaron están a caracterizarse por unha asistencia que mesmo soborda as previsións”, indicou.

A plataforma QUEREMOS GALEGO anunciou a data da gran manifestación en favor da lingua cuxa convocatoria xa adiantara no mes de xullo: será o vindeiro 18 de outubro en Santiago de Compostela e partirá ás 12 da mañá da Alameda. Fran Rei sinalou que é unha convocatoria na que se chama a participar ao conxunto da sociedade galega, “a esa inmensa maioría de galegas e galegos que queren o seu idioma, que o consideran un dos nosos máis valiosos patrimonios e sinais colectivos, por riba de afiliacións ou mesmo da lingua que empreguen para comunicarse no día a día”. Esa mesma chamada ao conxunto da sociedade “é válida tamén para que se sumen a esta plataforma e ás súas iniciativas as persoas e entidades que entenden o galego como un elemento a querer e a defender fronte a quen pretende agredir os nosos dereitos”, dixo.

O acto de presentación pública das primeiras iniciativas de QUEREMOS GALEGO contou coa participación dunha vintena de representantes de entidades cidadás que xa fan parte da plataforma e tamén coa do polifacético músico e escritor Xurxo Souto, que falou no nome do grupo de persoas que, vinculadas a ámbitos diversos da sociedade, van ir colaborando nas distintas iniciativas que se vaian pondo en marcha desde este proxecto cidadán.

O ex vocalista do mítico grupo Os Diplomáticos de Monte Alto e animador de millenta iniciativas sociais e culturais do máis diverso animou ao conxunto das galegas e dos galegos a recuperar “o pulso, o poder e a palabra” participando da manifestación do 18 de outubro e a apoiar as iniciativas que a prol do noso idioma propio se promoveren. Dirixiuse moi especialmente “ás moitas e aos moitos votantes do Partido Popular que queren o galego e rexeitan, con toda certeza, a guerra declarada polo goberno da Xunta contra o noso máis importante valor, contra o elemento que mellor nos une”.

Por outra parte, esta mañá presentouse tamén o texto da iniciativa lexislativa popular pola protección dos dereitos lingüísticos, que desde a plataforma se promove. Trátase dun texto “moi breve e sinxelo que non reclama imposíbeis”, segundo explicou Fran Rei, “senón a adopción de medidas legais dirixidas a cumprir todo aquilo que xa está previamente recollido na lexislación”. A ILP será rexistrada nos próximos días no Parlamento de Galiza, que ten un máximo dun mes para decidir sobre a súa admisión a trámite e dar instrución á Xunta electoral central para que inicie o procedemento recollido legalmente.

A plataforma QUEREMOS GALEGO conta con poder levar a iniciativa á rúa e comezar a recollida de apoios o vindeiro mes de novembro, estendéndoa durante 4 meses.