sábado, 21 de febrero de 2009

Boletín Informativo da Asociación Veciñal.

Acaba de saír do prelo un novo Boletín Informativo da Asociación Veciñal da Agra.
Como continuación ao labor informativo e comunicativo da Asociación, pensamos que a edición en papel do noso Boletín Informativo debe seguir sendo continua e independente ao blog. Así, e na medida das posibilidades da Asociación, tentaremos seguir facendo a nosa publicación impresa cada trimestre, co obxecto de achegarmonos a todos os currunchos do barrio.
Desta volta a portada é protagonizada pola Correspondente de Información Xuvenil, Iria Buxán, que nos fala do PIX da Agra, e da estructura posta en funcionamento polo Centro Municipal de Información Xuvenil dependente da Concellaría de Mocidade do Concello da Coruña.
Asemade, outras novas que aparecen son a propia presentación do noso blog, a principios de mes, a situación actual da campaña dos ascensores, e dúas referencias concretas, unha relativa á polémica coa reforma dos percorridos das liñas de buses, e unha segunda, facendo mención ao comezo do curso de galego nivel CELGA 3, que se ten previsto desenvolver no noso local social a partir do próximo mes de Marzo.
Durante vindeiras datas imos repartilo polo barrio, mais se non se coincide con algún destes repartos e se quere un exemplar pódese pasar pola Asociación a recollelo ou ben imprimir unha copia.
Tamén parécenos oportuno deixar colgado o boletín anterior, de novembro, monográfico da Campaña de Ascensores, comezando así un arquivo na rede. Unha copia deste exemplar tamén se pode conseguir no local social: rúa Entrpenas 38, de luns a venres de 18h00 a 19h00.










No hay comentarios:

Publicar un comentario