miércoles, 4 de febrero de 2009

Especial Eleccións Autonómicas 2009

Onde voto o día das eleccións?...
O día 1 de marzo todas e todos os galegos estamos chamados a ir votar. Durante as próximas datas recibiremos nas nosas casas unha notificación do INSTITUTO NACIONAL DE ESTATÍSTICA onde se nos comunica cal é o colexio electoral onde podemos exercitar este dereito.
Mais son moi poucas as persoas que saben como se organizan os censos e porqué pertencemos a un distrito, a unha sección e a unha mesa. Deseguido explicamos este proceso.
Un municipio, en función de diversos criterios, tales como poboación, accesibilidade ou orografía, estruturas sociais ou de barrio, incluso parroquias,... é dividido en distintas parcelas ás que se lles dá o nome de Distritos. Estes distritos (OLLO! NON CONFUNDIR CON DISTRITOS POSTAIS, que son divisións diferentes), os chamados DISTRITOS ELECTORAIS, teñen como misión organizar o sistema de votación para ser o máis eficiente posíbel, ao tempo de garantir que o dereito de voto poda ser exercido por todas as persoas censadas.
O municipio da Coruña está dividido en 10 distritos: Distrito 1: Cidade Vella; Distrito 2: Monte Alto; Distrito 3: Pescadaría; Distrito 4: Ensanche, Horta de Garás, Falperra, Sagrada Familia, Mallos e Catro Camiños; Distrito 5: Riazor, San Roque, Cidade Escolar, Labañou e as Roseiras; Distrito 6: Agra do Orzán (o noso barrio); Distrito 7: Gaiteira, Castros, Elviña (zona nova), Monelos, Barrio das Flores, Matogrande e As Rañas; Distrito 8: Santa Xema, A Zapateira (parte), Elviña (zona vella), As Xubias e Eiris; Distrito 9: Zapateira (parte), Mesoiro, Feáns e Someso; Distrito 10: Agrela e Ventorrillo.
Asemade, os distritos están conformados por SECCIÓNS ELECTORAIS. As seccións son unidades moito máis pequenas e homoxéneas que pode roldar as mil unidades e que se corresponden con mazás de edificios ou grupos de vivendas, entidades de poboación ou núcleos de poboación reducidos. Esta división facilita os recontos nas xornadas electorais. Así, cada distrito ten un número propio de seccións: o distrito 1 ten 10 seccións, o 2 ten 22, o 3 ten 23, o 4 ten 28, o 5 ten 22, o 6 ten 23, o 7 ten 42, o 8 ten 6, o 9 ten 4 e o distrito 10 ten 5. Pode darse a circunstancia que unha sección estea conformada por subseccións. Son casos excepcionais que no noso municipio pasa en contados casos. Por outra banda, e dependendo das variacións de poboación unha sección pode desaparecer, en caso dunha perda substantiva de persoas censadas, ou, pola contra, dividirse e crear unha nova se se produciu un incremento de poboación. Así, no distrito 1, non existen as seccións 10 e 11, pasándose da sección 9 á 12. A perda de poboación censada durante a década dos 90 provocou que se unificaran estas seccións. Tamén, durante a década dos noventa, coa nova creación dos barrios das Roseiras e Matogrande constituíronse novas seccións nos distritos 5 e 7, respectivamente.
Por último, unha sección, e para facilitar o reconto, pode dividirse en mesas. Se o número de persoas censadas nunha sección é menor ás 1000 persoas pode haber unha única mesa chamada MESA U. Aínda que non existe ningún método científico ou de cálculo que faga que unha sección forme dúas mesas, a partir das mil persoas aproximadamente se conforman a MESA A e a MESA B; as persoas cuxa primeira letra do seu primeiro apelido estea comprendida entre o A e o L votaran na mesa A, e na mesa b, do M ao Z.
Por iso, e dependendo da rúa ou praza onde se estea censado, pertencerase a un distrito, unha sección e unha mesa. E a ese distrito, esa sección e esa mesa correspóndelle un COLEXIO ELECTORAL que pode ser compartido ou non. Por iso, nun mesmo local pode haber varias seccións e nos podemos perder. É o caso do colexio electoral que esta no IES do Paseo das Pontes. Neste colexio votan as seccións 1, 2, 3, 17 e 18 do distrito 6, do noso distrito.
Por iso antes de ir a votar, debemos ler con atención a notificación do INE onde se nos indica cal é o distrito e sección onde estamos censados, para logo buscar cal é o lugar onde está situada a urna onde debemos depositar o voto.
En todo caso, a continuación poñemos todas as seccións do noso barrio, que se corresponde co DISTRITO ELECTORAL 6, o lugar que lle corresponde de votación e as rúas e prazas con número que se corresponde con cada sección.
Tamén, de ter algunha dúbida podes consultar a seguinte páxina web onde veñen todos os municipios, distritos, seccións, subseccións e mesas da provincia da Coruña:

Distrito 06, seccións:
Para máis información enlázate:

http://www.eleccions09.xunta.es/index.php?idiomaCambiado=1&arquivo=escrutinio

No hay comentarios:

Publicar un comentario