lunes, 23 de febrero de 2009

Estatutos da Asociación

Pinchando nas seguintes imaxes poderase ter acceso aos nosos Estatutos así como descargalos.
A Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, Reguladora do Dereito de Asociación, fixo que a nosa Asociación Veciñal tivera que adaptar os seus Estatutos.
A anterior lei franquista, lei 191/1964, de 24 de decembro, de Asociacións, non foi derogada ate hai relativamente pouco tempo. A nosa Asociación, fundada en 1976, tívose que adaptar no 2004 a nova normativa estatal. Isto supuso que durante máis de seis meses tiveramos que facer unha nova normativa para o noso funcionamento.
Co obxeto que este fose o máis democrático e participativo posíbel sempre quixemos que toda/o a/o quen quixer puidera ter acceso ao noso regulamento. Os nosos Estatutos, expostos no taboleiro da Asociación, de hoxe en diante, tamén van estar colgados no noso "outro" taboleiro, no noso blogue...
Picha nas seguintes imaxes e poderás acceder a el.



No hay comentarios:

Publicar un comentario