domingo, 15 de febrero de 2009

Marcha Mundial pola Paz e a Non-Violencia

Marcha Mundial pola Paz e a Non-ViolenciaNova Zelanda, 2 Outubro 2009 - Arxentina 2 Xaneiro 2010

"Para que se escoite o clamor de millóns no mundo que queren a Paz e o fin das guerras.Para que as forzas do Pacifismo e a Non Violencia sexan maioría e fagan sentir a súa voz".É a primeira marcha mundial que percorrerá todo o planeta pedindo o fin das guerras, as armas nucleares e a eliminación de todo tipo de violencia.
Unha acción dirixida a:

-Lograr a desaparición das armas nucleares; a redución progresiva e proporcional do armamento; a firma de tratados de non agresión entre países; a renuncia dos gobernos a utilizar a guerra como medio para resolver conflitos.
-Rescatar o mellor das diversas culturas e pobos da Terra.
-Facer confluír as vontades de toda a sociedade civil para eliminar definitivamente a secuela social das guerras.
-Xerar unha conciencia social mundial en contra de toda forma de violencia (física, económica, racial, relixiosa, cultural, sexual, psicolóxica) tan establecida e aceptada como inevitable pola sociedade.
-Unha conciencia global que actúe como repulsa xeral cara a toda forma de violencia.

* Países: 90

* Quilómetros: 160.000

* Duración: 90 días

* Transportes:


-40 traxectos en tren (incluído o Transiberiano).
-100 traxectos terrestres (todoterreos, autobús, coches, bicicletas...), incluídos traxectos Paris-Dakar e América norte-sur pola cordilleira dos Andes.
-14 traxectos aéreos.
-25 traxectos acuáticos (barco, barcazas, piraguas, etc.)

* Climas: a marcha atravesará todos os climas, desde tépedo suave, pasando por mediterráneo, continental, tropical, tórrido, desértico até o polar. Desde a estepa siberiana, pasando polos desertos do Sahara e Atacama, (o máis seco do mundo), até a Antártida.
* Estacións: nos 90 días pasará 2 veces polas 4 estacións do ano.
* Altitude: no seu percorrido o MM terá que exceder lugares a 5.000 metros de altitude.
* Equipo permanente: 50 membros
* Pasos fronteirizos: 160
* Institucións co-organizadoras: 500

* Institucións colaboradoras e adhesións: 3.000
* Visitas a gobernos e representantes políticos: 100
* Centros espirituais: 25
* Participantes no percorrido: 1 millón
* Participantes virtuais: 10 millóns

América:
Arxentina, Bolivia, Brasil, Canadá, Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Estados Unidos, Guatemala, Haiti, Fonduras, México, Nicaragua, Panamá, Rep. Dominicana, Paraguai, Perú, Uruguai, Venezuela.
Europa:
Alemaña, Austria, Bélxica, Bielorrusia, Bosnia e Herzegovina, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Federación de Rusia, Finlandia, Francia, Xibraltar, Grecia, Holanda, Hungría, Islandia, Italia, Luxemburgo, Macedonia, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Serbia, Suecia, Suíza, Turquia.
África:
Alxeria, Benín, Burkina-Fasso, Costa do Marfil, Exipto, Gambia, Ghana, Guinea-Bissau, Guinea-Conakry, Kenia, Malí, Marrocos, Mauritania, Mozambique, Níxer, Senegal, Togo.
Asia:

Bangladesh, China, Corea Sur, Corea Norte, Federación de Rusia, India, Israel, Mongolia, Nepal, Pakistan, Turquía. N. Zelanda, Australia, Papúa-Nova Guinea, Filipinas, Xapón.

Por que

Porque a fame no mundo pode resolverse co 10% do que se gasta en armamento. Podemos imaxinar como sería se se destinase o 30, ou o 50%, para mellorar a vida da xente, no canto de gastalo en destrución?

Cando?
Comezará en Nova Zelandia o 2 de outubro de 2009, aniversario do nacemento de Gandhi e declarado polas Nacións Unidas "Día Internacional da Non-Violencia".
Finalizará na cordilleira dos Andes (Punta de Vacas, Aconcagua, Arxentina) o 2 de xaneiro de 2010.
Durará 90 días, tres longos meses de viaxe. Pasará por todos os climas e estacións, desde o verán tórrido de zonas tropicais e desertos até o inverno siberiano.

Quen participa?
A marcha é unha iniciativa de "Mundo sen Guerras", organización internacional que traballa desde fai 15 anos no campo do Pacifismo e a NonViolencia.

Con todo, a Marcha Mundial construirase entre todos. Está aberta á participación de toda persoa, organización, colectivo, grupo, partido político, empresa, etc., que comparta a sensibilidade deste proxecto. Así pois, non se trata de algo pechado, senón dun percorrido que se irá enriquecendo grazas ás actividades que se poñan en marcha segundo as distintas iniciativas.
Por iso convidamos á participación activa, a que cada cal achegue a súa creatividade ao paso do MM por cada lugar, nunha converxencia de múltiples actividades con cabida de todo aquilo que a imaxinación sexa capaz de concibir.
É unha marcha da xente e para a xente, que pretende chegar á maioría da poboación mundial. Por isto convócase a todos os medios de comunicación para que difundan esta volta ao mundo pola Paz e a NonViolencia.

Que se vai a facer?
Ao seu paso polas cidades realizaranse todo tipo de foros, encontros, festivais, conferencias e eventos (deportivos, culturais, sociais, musicais, artísticos, educativos, etc.) que se irán organizando segundo xurdan iniciativas en cada lugar.
Nestes momentos cóntase xa con centos de proxectos que persoas e organizacións puxeron en marcha.


Para que?
Para denunciar a perigosa situación mundial que nos está levando cara ás guerras con armamento nuclear, un canellón sen saída e a maior catástrofe humana da historia.
Para dar voz á maioría dos cidadáns do mundo que non están a favor das guerras nin da carreira de armamento. Todos sufrimos as consecuencias da manipulación duns poucos porque non damos un sinal unido. É hora de que cada un mostre a súa postura, o seu rexeitamento.
Une o teu sinal á de moitos outros e a túa voz terá que ser escoitada!
Para lograr: a desaparición das armas nucleares; a redución progresiva e proporcional de armamento; a firma de tratados de non agresión entre países; a renuncia dos gobernos a utilizar as guerras como medio para resolver conflitos.
Para pór en evidencia outras múltiples formas de violencia (económica, racial, sexual, relixiosa) escondidas ou disfrazadas polos que as provocan, e para proporcionar a quen as sofren unha canle para facerse escoitar.
Para, da mesma maneira que sucedeu coa ecoloxía, crear conciencia global da necesidade dunha verdadeira Paz e de repudio cara a todo tipo de violencia.

Organiza: Mundo Sen Guerras e Sen Violencia

No hay comentarios:

Publicar un comentario