miércoles, 11 de marzo de 2009

ANDANDO A TERRA


Fai uns días tivemos unha pequena entrevista co noso compañeiro Samuel Rodríguez López. O creador do grupo senderista "Andando A Terra" . Samuel por medio deste grupo dá a coñecer a moita xente Galiza, e desde un punto de vista totalmente diferente, xa que realizan diferentes percorridos por todo o país.
A.V. Cando nace a idea?
S.R. Pois a idea nace aproximadamente fai uns catro ou cinco anos, coa premiasa de coñecer o noso país camiñando. E gozando do monte.
A.V. Como son os percorridos que adoitades realizar?
S.R. Son variados, depende da ruta, pero andan sobre uns 15 km. Aínda que poden variar, hai rutas máis curtas e outras máis longas. Pero sempre tratamos de que sexan alcanzables para todas as persoas que veñen.
A.V.Que xente adoita ir aos percorridos?
S.R. De todas as idades, desde xente nova, ata xente da terceira idade, pero a maioría atópase entre os trinta e os sesenta anos. Case toda a xente que vén é asidua, e teñen unha regularidade de asistencia.
A.V. O volume de asistencia é elevado?
S.R. A verdade é que se, temos unha media regular de contorna ás 50 persoas, e como xa dixen é xente que vén regularmente.
Pois xa sabedes, logo de saber isto aquí colgamos o roteiro 2009
Verdes-Esteiro do Anllóns-Cabana de Bergantiños ... 8 de marzo
Polo Couto mixto (Calvos de Randín, Baltar...) ...29 de marzo
Vega de Valcarce (Ancares Leoneses )... Abril
Polo Río Pequeno (O Courel)...Maio
Camiñando en Babia ...Xuño (Fin de Semana)
Menos as que están en roxo as rutas son o último domingo de cada mes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario