A Xunta Directiva reunida o pasado xoves día 12 convocou a Asemblea Xeral ordinaria da Asociación Veciñal da Agra do Orzán "Agra".
Prevista para o vindeiro xoves día 26, ás 8 da tarde, a Xunta Directiva, e en cumprimento dos Estatutos da Asociación que fixan as asembleas unha vez ao ano, tomou o acordo de convocala para finais deste mes.
Asemade, desta volta, e tamén como aparece reflectido nos Estatutos, toca renovar a Xunta Directiva polo que o proceso de presentación de candidaturas tamén foi aprobado. Así, as candidaturas que se queran presentar terán de prazo ate as 19h00 do martes 24 e deberán estar conformadas por canto menos nove persoas dispostas do seguinte xeito: presidenta/e, vicepresidenta/e, secretaria/o, tesoureira/o, vicesecretaria/o e catro vocais.
Para poder participar do proceso, isto é, ser persoa electora e poder ser e persoa elexíbel deberase ser socia ou socio da Asociación Veciñal cunha antiguidade canto menos anterior ao 31 de decembro de 2008 e estar ao corrente de pago das cotas correspondentes.
Este proceso electoral baséase nos artigos 11, 25, 26 e 28 dos Estatutos da Asociación e, para todo aquelo non contemplado no mesmos, na Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, a Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemiento Administrativo Común e calquera lei ou norma de caracter superior.
Para calquera súbida ou consulta podes enlazarte cos noso Estatutos, introducidos nas entradas do blogue. Tamén podes pasarte pola Asociación todos os días de 18h00 a 19h00.
No hay comentarios:
Publicar un comentario