lunes, 30 de marzo de 2009

Eleccións á Xunta Directiva da Asociación.

Francisco Graña reelixido Presidente da Asociación Veciñal.

O pasado xoves día 26 celebráronse as eleccións á Xunta Directiva. Como marcan os nosos Estatutos, cada dous anos hai que elixir nova Xunta Directiva, e como xa ven sendo tradicional, o ultimo xoves de marzo, foi a data escollida para celebrar o evento.

Mais desta volta, e como non acontecía desde 1979, xa hai vinte anos, presentáronse dúas candidaturas.

Nunha asemblea que contou cun proceso de elección no que todas as partes coincidiron en cualificar como “extraordinariamente eficiente e democrático”, e no que chegaron a participaron nalgún momento máis dunha terceira parte das persoas socias, o novo presidente acadou o 68 % do voto dando así continuidade aos proxectos iniciados neste último período, entre outros a defensa das parcelas públicas do Parque do Observatorio e a aposta contraria da Asociación á construción da urbanización deseñada pola Concellaría de Urbanismo, a aplicación da normativa de rehabilitación que regula a reforma e construción de ascensores nas casas onde residan persoas con dificultade de mobilidade e non posúan esta infraestrutura e a elaboración dunha normativa autonómica e estatal máis ríxida para a colocación de antenas de telefonía móbil. Por último apostou pola integración das persoas que avalaban a candidatura perdedora no traballo da Asociación xunto co resto de persoas, colectivos, sensibilidades e outras organizacións que de xeito conxunto realizan o seu labor de cotío empregando a Asociación como “a casa común de todas e todos os veciños da Agra do Orzán”, segundo palabras textuais do propio presidente no discurso de investidura.

A nova Xunta Directiva, a parte do propio Francisco Graña como Presidente, queda constituída do seguinte xeito:

O Presidente Francisco Graña no local social da Asociación.

Francisco Graña Iglesias, Presidente
Carlos Suárez Martínez, Vicepresidente
María Luz Martínez Pedreira, Secretaria
Xosé Manuel Liñares Suárez, Tesoureiro
Miguel García Fernández, Vicesecretario
María Pilar Mosquera Pampin, 1ª vocal
Jesús Ricardo Buján Vilela, 2º vocal
José Manuel Cambón Arias, 3º vocal
María Xosé Freixo Mariño, 4ª vocal
Samuel Rodríguez López, 5º vocal
Xosé Manuel Sánchez Rei, 6º vocal
Mercedes Raposo Buján, 7ª vocal
María Luisa Fernández Rodríguez, 8ª vocal
Luis Barreiro Amil, 9º vocal
María José Graña Beceiro, 10ª vocal
María Junquera Castreje Castreje, 11ª vocal
Manuel Miragaia Doldán, 12º vocal
Modesta Alonso Méndez, 13ª vocal
Carmen Tajes Sánchez, 14ª vocal
Carmela Garrido Ordoño, 15ª vocal

Unha das actuacións máis inmediatas que pensa acometer a nova Xunta Directiva (paralelamente ao traballo que xa desenvolve a Asociación) é unha pormenorizara análise da situación do tráfico e o aparcamento en dupla fila, circunstancia que xa recollen hoxe os medios de comunicación (enlázate: http://www.elidealgallego.com) sendo a persoa encargada desta temática o compañeiro Miguel García Fernández.

Se tes algunha suxestión neste tema, ou en calquera dos que traballa a Asociación, ou simplemente queres participar, contacta con nós deixando unha mensaxe no noso blogue ou pásate polo local social.
PARTICIPA!

Papeleta coa candidatura de Francisco Graña, nova Xunta Directiva da Asociación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario