martes, 22 de septiembre de 2009

A SITUACION URBANISTICA DO BARRIO

“A SITUACION URBANISTICA DO BARRIO DA AGRA DO ORZAN
ANTE O NOVO P.X.O.M. DO CONCELLO DA CORUÑA.”

O barrio da Agra do Orzán, hoxe atópase inmerso nun proceso de grave decadencia, que xa se pode visualizar, sobre todo a partires dos últimos 3 ou 4 anos; edificios ruinosos, pisos baleiros, baixos pechados, carteis con se vende ou aluga ..........E a falla de mantemento por parte do Concello,rúas,servizos.... e evidente, en fin .Un total abandono que agrava o caos actual,circulación,inseguridade......

. O Plan Xeral de Ordenación Municipal de 1998, permitiu a práctica desregulación na construcción de vivendas nos distintos barrios, xa consolidados da Coruña, deteriorando aínda mais a calidade de vida das veciñas e veciños de barrios xa altamente densificados, como a nosa Agra do Orzán, mais tamén, Mallos, Montealto,Castros......ao permitirse alturas, novos edificios en currunchos, sen garaxe e outros servicios, agravando inda mais os problemas de tránsito e aparcamento. O caso da Agra do Orzán e especialmente grave, xa que esta nova desfeita afecta a unha xa deficiente construcción, agravando aínda mais os problemas de masificación e calidade de vida.
Xa é unha tradición, que no barrio da Agra do Orzán, dende fai mais de 25 anos, o Goberno Municipal coruñés promova a construcción de novas vivendas privadas nos terreos públicos, reservados no seu día para zonas verdes e equipamento social. Ca inauguración do PXOM da democracia, polo primeiro Goberno Municipal coruñés democrático ,foron reservados estes terreos especialmente na zona das Conchiñas, e posteriormente cos sucesivos Gobernos Municipais, os poucos solares que restaban libres foron ocupados, impedindo deste xeito por decisión municipal, que o noso barrio puidese dispor de terreos para a dotación de equipamentos sociais......incrementado mais a densidade da poboación, ate chegar a ser a de maior densidade de habitantes de Europa, ca perda de calidade de vida que isto con leva.
A derradeira acción desta xestión especulativa con terreos públicos a constitúe o proxecto nomeado “Parque da Agra”. Unha macrourbanización de 400 vivendas, ocupando parcelas propiedade do Estado( Ministerio de Medioambiente) a carón do Observatorio Meteorolóxico, constituíndo o paradigma da política urbanística desarrollista especulativa do Goberno Municipal da Coruña, dende fai 25 anos ate hoxe.
Ante a próxima aprobación do PXOM, dende a Asociación Veciñal da Agra do Orzán, rexeitamos radicalmente, que se continúe ca mesma política urbanística, baseada na promoción da especulación e “pelotazos urbanísticos”.
Non podemos aceitar, un Plan Xeral para a nosa cidade e o noso barrio, que se anuncia a “bombo e platillo”, por moita referencia que se faga ao Sr.Busquets, onde se expón que xunto a dotación de servicios públicos,zonas verdes, esponxamentos e demais actuacións ao servicio da calidade de vida das veciñas e veciños, “transversalmente”e ao mesmo tempo, executarán a construcción de ¡¡34000 vivendas privadas!! , e ademais que primeiro se construirán as vivendas e despois os servicios públicos e zonas verdes ¿? ¿ Acaso o Goberno Municipal da Coruña considera parvos as veciñas e veciños desta cidade ? Cando hoxe, na Coruña hai mais de 20000 vivendas desocupadas e infinidade de solares e vivendas ruinosas para reutilizar e reciclar.
Dende a Asociación Veciñal Agra, rexeitamos este “continuísmo disfrazado de modernidade”,dunha política urbanística de sempre, que supón “Pan para hoxe e fame para mañá”, que só beneficia a catro especuladores, (mais ou menos emparentados cos membros do Goberno Municipal) que axudan a promover CRISES como a que hoxe está a padecer a maioría social coruñesa.
Pola contra, apostamos por políticas urbanísticas sostibles, que xeneran valor engadido e postos de traballo en intensidade, para o conxunto da sociedade, como poden ser entre outras, a rehabilitación tanto parcial como integral, e pola posta en valor dos milleiros de vivendas baleiras, mediante a súa recuperación e as medidas axeitadas para o seu uso polas moitas familias coruñesas cas necesitan.
Dende a Asociación Veciñal Agra, vimos traballando para promover unha ordenanza que facilite a instalación de elevadores nos edificios dos barrios da Coruña, que foron construídos no seu día sen este servicio esencial , o que provocou un problema social grave, ao pechar nas súas vivendas a moitas veciñas e veciños con problemas de mobilidade, afectando tanto a o noso barrio como a outros xa consolidados, que hoxe constitúen a maioría da cidade. A nosa actuación, vai a permitir unha masiva rehabilitación parcial de moitas vivendas, ao ser xa posible, a instalación de ascensores nas mesmas. Isto supón na práctica, unha actuación urbanística sostible que mellora a calidade de vida dos barrios, e hoxe podemos afirmar que xa contamos ca Ordenanza Municipal e cas reformas necesarias na Lei da Vivenda, gracias a tenacidade da nosa Asociación Veciñal Agra e a boa acollida, que a nosa proposta, tivo no Concello coruñés e a Xunta de Galiza , despois de superar todo los atrancos, que non foron poucos.
Ante o novo PXOM da Coruña, defenderemos para o noso barrio da Agra do Orzán e os outros barrios da Coruña, un modelo de novo urbanismo que contemple entre outros aspectos , a rehabilitación parcial ou total dos edificios, como o conseguido cas facilidades legais para a instalación de servicios como o dos ascensores, pero que vaia mais alá, ca rehabilitación de zonas e polígonos enteiros, renovación de rúas, recollida de augas, eliminación ou reforma de tendidos ou instalacións electromagnéticas contaminantes.....Recuperación de solares abandonados , recunchos e edificios ruinosos, para o esponxamento do barrio e a dotación de servicios sociais públicos e zonas verdes , que pola súa total ausencia, tanto necesitamos no noso barrio.
Con relación aos novos barrios e poucas zonas que quedan sen urbanizar, REXEITAMOS que co novo PXOM se pretenda salpicar de grupos de edificios de mais de 10 plantas, as poucas zonas libres, e tamén no noso barrio, formando parte das 34000 vivendas, cando hoxe existen mais de 20000 vivendas baleiras, por moito que se nos traten de vender, zonas verdes, equipamentos sociais con fondos europeos........Con estas propostas, observamos que o Goberno Municipal ,co novo PXOM, pretende continuar ca mesma política desarrollista baseada na especulación urbanística , e seguir engordando a “burbulla financeira” ; fenómeno, do que xa estamos a ver as consecuencias, ca actual crise económica, da cal, estas políticas urbanísticas son as maiores causantes.
Por todo elo, FACEMOS UN CHAMAMENTO as veciñas e veciños do nos barrio e da Coruña en xeral, para que se pronuncien contra este NOVO ENGANO, que nos pretenden vender con PXOM anunciado. Propoñemos, pola contra, que se mude de modelo de política urbanística municipal, apostando pola SOSTENIBILIDADE e un crecemento cualitativo, impulsando a rehabilitación de vivendas, renovación de barrios vellos e unha urbanización de calidade nos barrios novos e zonas que restan por urbanizar, libres de RASCACEOS como se pretende, que rexeitamos rotundamente.

FRANCISCO GRAÑA IGLESIAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario