miércoles, 17 de febrero de 2010

35.000 para os tres do Eixo


Hoxe mais que nunca é urxente a vosa solidariedade cos 3 do Eixo.

Suso, Pepe e Simón, membros do movemento veciñal de Santiago, foron multados e condenados a cadea por participar nunha mobilización na súa parroquia en defensa dos intereses colectivos. Acusados de ter atentado contra a a autoridade, foron sometidos a un xuizo moi parcial sen ningunha proba sólida contra eles e atópanse neste monento een prisión condicional. Ademais tiveron que facer fronte a unha multa de 156.000€ para indemnizar ao policía que resultou ferido a continúan a sufragar os seus gastos médicos, malia que este segue a desenvolver a súa vida con normalidade.

As sucesivas peticións de indulto ao goberno español , foron sempre denegadas. Os diversas ministros de xustiza ignoraron as numerosas mostras de apoios socias e políticas , persoais e colectivas, da sociedade compostelá e galega.

Neste momento teñen que facer fronte ao desembolso de 35.000 € en concepto de xuros de mora, que se suman ás importantes cantidadades que xa tiveron que pagar. Esta situación é absolutamente insostible para a súa economía e están abocados a un inminente embargo das súas vivendas e salarios se non satisfacen este pagamento en dez días. É, pois, moi urxente a solidariedade de todos nós para que isto non aconteza.

Pedimos a vosa colaboración para difundir a campaña “35.000 para os 3 do Eixo”, así como as achegadas individuais e colectivas na conta de Caixa Galiza 2091 0348 12 3040012185

Nesta páxina podedes atopar os banners para difundir esta camapaña nas vosas webs e blogs persoais. É imprescindíbel tamén a difusión desta mensaxe entre as vosas amizades via: SMS, correo-e, teléfono, twitter, facebook…

Para calquera aclaración, dúbida ou suxestión podedes contactarnos no enderezo ostresdoeixo@gmail.com

http://ostresdoeixowordpress.com

Agradecemos por anticipado a vosa solidariedade.

PLATAFORMA POLO INDULTO DOS 3 DO EIXO

No hay comentarios:

Publicar un comentario