lunes, 14 de febrero de 2011

.COMUNICADO DE PRENSA, ANTE A PROXIMA APERTURA DO CENTRO “AGORA”

.COMUNICADO DE PRENSA, ANTE A PROXIMA APERTURA DO CENTRO “AGORA”

A Asociación Veciñal AGRA da Agra do Orzán , ven demandando dende fai moitos anos,que o noso barrio dispoña dun Centro Cívico e Social orientado a atención e satisfacción das moitas necesidades sociais e culturais, nel existentes.

A Xunta Directiva da Asociación, diante as declaracións efectuadas na prensa sobre os seus contidos, feitas polo director nomeado para o centro AGORA, D.Manuel Olveira e a Concelleira de Servicios Sociais, Dª Silvia Longueira, acordou por unanimidade, amosar publicamente a súa DECEPCION, polo que consideramos leva camiño de ser un novo GAIAS, desta vez coruñés, excluinte e as costas do noso barrio, máis que un organismo apto para atender as necesidades socioculturais das e dos nosos veciños. Constatamos tamén, que o nomeamento do director do centro está en consonancia coas mellores e rancias tradicións das épocas pasadas, coa ausencia de concurso público e nomeamento a dedo.

Con independencia da crise económica que padecemos, o barrio da Agra do Orzán ten necesidades básicas diversas, agudizadas po la mesma. Dende as máis elementais, ata as socioculturais e deportivas, e sobre todo a de un desenrolo da súa economía e o emprego nesta zona. Para elo, sempre temos demandado un Centro Cívico e Social para o fomento da participación activa da veciñanza (cívico) e para atender as necesidades socioculturais das veciñas e veciños, en especial dos mais desfavorecidos (social) dentro do noso barrio, (muller,infancia,familia,mocidade,minorías étnicas,terceira idade.....).

Hai máis dun ano o Concello de A Coruña recibiu da Unión Europea 11 millóns de euros, co aval da nosa Asociación, para o barrio da Agra do Orzán exclusivamente. Esta axuda ten o obxectivo de rehabilitar espacios urbanos degradados, e non para a construír novas vivendas privadas de luxo, ou anchear beirarrúas para por a ORA. Tamén nin para construír pirámides, coma un GAIAS coruñés. E aínda, moito menos para financiar de novo unha obra que xa foi financiada por duplicado ou triplicado nos anteriores orzamentos municipais,. O novo centro AGORA é unha instalación ao nivel da Coruña, dotada de infraestructuras administrativas para toda a cidade. Non é, pois de recibo, nin ético, usar os fondos da UE para outros fins distintos dos establecidos nas bases. Poren, nos pensamos que o emprego dado a estes fondos, constitúe un engano e unha estafa, tanto para o noso barrio, coma para a UE, polo seus uso fraudulento, co desvío da axuda económica a outros fins no chamado PLAN URBAN-C.

Fálase de manifestacións artísticas e multiculturais coma teatro,música sinfónica, ballet...e outras.que, coma a nosa cultura galega son patrimonio universal da humanidade. Con relación a cultura galega, que como é público e notorio algúns tentan de erradicar, non podemos deixar de pensar si: Será que o nivel de galegofalantes do noso barrio é “excesivo” ? e por iso, necesitamos unha nova re colonización....Non si?. Polo tanto, debemos apoiar estas manifestación culturais e artísticas, comezando polas galegas . Pero en ningún caso, as necesidades culturais e artísticas poden ser usadas para eliminar, e nunca para satisfacer as necesidades básicas do barrio. Acaso as e os nosos rexedores municipais, xa que falamos de pirámides, descoñecen a pirámide de Maslow ?. Aquí na Agra do Orzán sabemos ben de que se trata.

Dende a Asociación Veciñal Agra, demandamos que o futuro Centro Cívico AGORA, tamén sexa un espacio de caracter social e exclusivamente PUBLICO. Arestora, necesidades básicas existentes como a alimentación e roupa, son xeralmente cubertas malamente con diñeiro público, ao través de colectivos privados apadriñados por coñecidos partidos políticos, para a recollida de votos. Intercambian comida por votos. Caridade?.Esta situación resúltanos repugnante e, por iso, esiximos que o novo Centro, en colaboración cos SERVICIOS SOCIAIS PUBLICOS atenda debidamente estas necesidades, erradicando esta noxenta práctica clientelar, máis propia da Idade Media.

Por último, dicir, que a Asociación Veciñal da Agra do Orzán, estará a seguir esixindo, con mais forza, visto o que se aveciña, que o noso barrio da Agra do Orzán, dispoña dun verdadeiro Centro Cívico e Social para o servicio da súa veciñanza.

“XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACION VECIÑAL AGRA”

Presidente: Francisco Graña Iglesias, DI -32353574-A

2 comentarios:

  1. É básico que sexa un espazo Cívico-Social-Público!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Para definir os usos do Ágora, sería normal contar coa opinión do movemento asociativo do barrio e pensando na problemática que o define...non?

    ResponderEliminar