sábado, 7 de febrero de 2009

A A.V. Agra do Orzán desminte as publicacións aparecidas hoxe na prensa local.

Reprodución íntegra da nota de prensa remitida hoxe pola A.V. da Agra ao medios de comunicación.

A ASOCIACIÓN VECIÑAL DA AGRA DO ORZÁN DESMINTE AS PUBLICACIÓNS APARECIDAS HOXE EN DISTINTOS XORNAIS SOBRE O SEU APOIO A EX-CONCELLEIRA DE URBANISMO MAR BARCÓN.
A Asociación está sorpredida xa que ningún membro da súa Xunta Directiva nen ningún asociada/o amosou o seu parecer contrario a participar das mobilizacións da Plataforma pola Defensa da Agra do Orzán.
De feito, este pasado xoves, día 5 celebrouse Xunta Directiva e ningun membro da mesma citou, criticou ou censurou o acto celebrado polas veciñas e veciños o pasado mércores, onde un grupo númeroso brindou con sidra galega a marcha da ex-concelleira de urbanismo Mar Barcón.
Así, esta Asociación, leva defendendo as reivindicacións veciñais a respecto do Parque da Agra desde 1998, data da aprobación do Plano Xeral de Ordenación Urbana, e ten presentado alegacións ao proxecto de reforma de 2006, colaborando coa veciñanza da zona asesorándoa e representándoa nas distintas reunións mantidas con responsábeis municipais.
Asemade, esta Asociación foi quen de remitir toda a documentación achegada en torno a esta reforma urbanística á Fiscalía do Estado, remitindo esta ao Fiscal Anticorrupción de Galiza devandita documentación para o seu estudo, co obxecto de analizar a posibilidade de houber algunha irregularidade en todo este proceso.
Por último, desde esta Asociación, insistir que nunca ningún asociado ou asociada amosou á súa Xunta Directiva o seu posicionamento contrario a que a Asociación participara das mobilizacións e convocatorias da Plataforma pola Defensa do Parque da Agra, sendo, asemade, algúns membros da asociación membros, a súa vez, da propia Pataforma.
Desde esta asociación queremos saber quen é ou quen son esas persoas que fan comunicados en nome desta asociación xa que poderían estar incorremdo nunha suposta suplantación da identidade da Asociación Veciñal da Agra e, por conseguinte, estar cometendo un suposto delicto de suplantación de identidade recolido no noso ordenamento xurídico.

Sen outro particular, e agardando sexa publicado este comunicado, receba un saúdo.
A continuación ofrécense os enlaces onde podes ver as información aparecidas hoxe:
http://www.elidealgallego.com/ de "El Ideal Gallego", na edición da Coruña (non existe enlace directo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario