viernes, 6 de febrero de 2009

Colectivos e asociacións felicitan a entrada na blogosfera do novo blogue da Agra do Orzán.

AGRUPACIÓN CULTURAL “O FACHO”.
A Agrupaçom Cultural O Facho nom pode menos que se congratular pola existênça de um novo buraco onde as conductas cívicas de liberdade e crítica nascidas da acçom solidária dos vizinhos de uns dos bairros mais significativas da cidade.
Adiante, e saúdinha e canta o melro.
J. Alberte Corral Iglesias
Secretário d'O Facho


ASOCIACIÓN DE ESCRITORES DE LINGUA GALEGA.
Sexa benvida e con ledicia esta iniciativa, que fará visíbeis os problemas da cidadanía na Agra do Orzán. Recibide a nosa felicitación e o noso alento para estas novas formas de participación democratizadora.
Un cordial saúdo.
Cesáreo Sánchez Iglesias.
Presidente da AELG


ASOCIACIÓN DE VECIÑOS ATOCHAS – MONTE ALTO – TORRE DE HÉRCULES.
Dende a Asociación de Veciños/as de Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules queremos felicitar a Asociación de Veciños/as do Agra do Orzán polo seu novo blogue. Esperemos que a partir de agora poidamos traballar xuntos polo progreso e a defensa dos nosos barrios e os/as nosos/as veciños/as.
Unha aperta forte dende o barrio de Monte Alto.
Alberte Fernández Mariño
Xunta Directiva.


BLOGUE DO BARRIO DOS MALLOS.
Hola!
Tan só darvos a benvida ó "ciberespacio", non sabemos se levades máis tempo na rede, pero acabamos de enterarnos que do voso blog. Moita sorte con el, ánimo e que o convertades no gran punto de referencia na rede que o voso gran barrio precisa.
Saúdos dende o Blog Barrio dos Mallos.


CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA.
Moitos parabéns a esta iniciativa, como por todas as que tedes, para manter viva e activa a tan necesaria reivindicación social na nosa cidade.
Ánimo e adiante.
Paulo S. Carril Vázquez
Secretario Comarcal da CIG da Coruña


GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR.
Estimados blogueiros do Agra do Orzán:
O Grupo municipal do Partido Popular quere dar a benvida ó voso blogue que ven a sumarse á rede informativa que existe na nosa cidade. É moi importante o desenvolvemento de espazos de participación cidadá que sirvan de plataforma de debate e que se convertan en fonte de ideas para resolver os problemas existentes nos barrios. Pola nosa banda, continuaremos enviando toda a información xerada no Concello e todas as iniciativas presentadas polo Grupo Popular para manter informados aos veciños e veciñas dun dos máis importantes barrios da nosa cidade.Saúdos.
Carlos Negreira.
Grupo municipal do Partido Popular.
GRUPO MUNICIPAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO.
Boas.
Que as entidades sociais teñan os seus medios de comunicación propios é fundamental para poder achegar a información e as opinións directamente aos veciños e veciñas. As novas tecnoloxías facilitan moito esta labor, polo que só nos queda que felicitar a Asociación de Veciños/as da Agra do Orzán por esta iniciativa. Desde a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística mantemos unha comunicación fluída con moitos blogues doutros barrios da cidade aos que achegamos información puntual das nosas actividades, para que poidan publicala no caso de considerala de interese dos veciños e veciñas. Estaremos encantados en colaborar con vós en todo no que estea na nosa man. Desexarvos moita sorte e que sigades, agora na blogosfera, defendendo os intereses dos veciños e veciñas da Agra e traballando para construír un barrio máis humano. Os que vivimos na Agra do Orzán sentímonos orgullosos do voso traballo. Moito ánimo!.
Ermitas Valencia Romar.
Conelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.

No hay comentarios:

Publicar un comentario