Gustaríanos que se alguén ten fotos de coruña antigas, enviáseas a avagradoorzan@gmail.com . Aínda que salga xente ou familiares nelas se se ve unha parte da cidade válennos, e se pode ser un pequeno texto describindo a zona onde se sacaron. No momento que as recibamos publicarémolas.
Para continuar esta semana coa sección de foto histórica puxemos unha fotografía de 1890 da dársena, na cal móstrase como era a finais do século pasado, como motor básico da cidade. Barcos de pesca e cargueiros amarraban aos seus peiraos. Actualmente a configuración da dársena segue sendo a mesma, a pesar do terreo gañado a mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario