Enlázate desde este blogue coa TV do teu país. A Asociación Veciñal da Agra do Orzán, a través dos gadget, ofrece a posibilidade de enlazarse con televisións de distintos paises.
O Barrio da Agra do Orzán naceu da emigración na década dos anos 50 e 60 do século pasado. Mariñeiros de Fisterra, da Costa da Morte, de Bergantiños ou a Barbanza. Labregos da Terra Cha, de Lugo ou da Montaña. Galegos e galegas que deron humanidade ao "desarrollismo" e ao urbanismo salvaxe co que se deseñou o barrio. Hoxe en día, a Agra do Orzán, nacida da emigración, como case todos os barrios desta cidade, volve a fornecerse dunha nova veciñanza alén desta terra. E volve a gañar en humanidade e actividade. Somos as galegas e galegos do século XXI. E esta nova realidade non pode permanecer allea á Asociación Veciñal. Na dereita, baixando na pantalla, acabamos de incluir un gadget con enlaces de distintas televisións que retransmiten pola internet as súas progamacións en vivo. Por agora temos incluido os que aí se amosan mais en próximas datas tentaremos engadir máis.
Se tes algún enlace que queiras que apareza, non o dubides e comentanolo para poder engadilo.
Non hai nada por aí????
ResponderEliminar