domingo, 8 de febrero de 2009

Hoxe recibimos a visita número 1000!.

Ao día seguinte da presentación pública do blogue da A.V. Agra do Orzán recibimos a visita numero 1000... desde que a nosa fiestra se deu de alta na blogosfera tense enlazado mil veces!.
Nunca foi a nosa intención ser protagonistas da información que publicaramos, mais as persoas que estamos detrás deste novo portal comunicativo amosamos o noso asombro pola inesperada recollida que estamos a ter. En tan so un mes case catro entradas por día fannos uns dos blogues máis visitados. Amigas e amigos non só da Agra, máis aló, desde Cee, Narón, Santiago de Compostela, Ovieu e mesmo Barcelona téñense enlazado.
Cando xurdiu a idea tiñamos claro que o noso obxectivo era servir de altofalantes do barrio da Agra do Orzán, asumiren ser correa de transmisión das súas inquedanzas, máis nunca coidamos que esta responsabilidade sería correspondida cunha masiva participación na internet.
GRAZAS A TODAS E TODOS.

3 comentarios:

  1. Quenes son os do blog agradelorzan.blogspot ??? Son de pena, aparecen artigos que non teñen relacion ca problemática do barrio, e dunha ideoloxía sospeitosamente tirada a dereita...

    ResponderEliminar
  2. Colabora

    http://blackportal.files.wordpress.com/2009/02/omvs_qntjc.odt

    quenotejodancoruna@gmail.com

    ResponderEliminar