sábado, 4 de abril de 2009

Foto denuncia veciñal



Unha veciña envíanos estas fotografias para mostrar o estado en que se atopa a rúa Barcelona. Di que xa queda pouco de como era, e ela lanza unha pregunta, e é a de saber onde están ou onde foron a parar as árbores que poboaban e dábannos sombra aos veciños cando paseabamos pola zona.

A nosa veciña atópase indignada ao ver a falta de información por parte do concello, e máis aínda do prazo real de execución das obras.

1 comentario:

  1. A min a información chegoume polos medios de comunicación. No proxecto as árbores que había se manteñen e vanse poñer algunhas máis na Avenida das Conchiñas. Esto saíu na prensa. Tamén sei que moito antes de empezar as obras, o concelleiro Esteban Lareo tratou de presentárllas ós veciños no local da Asociación de Veciños do Agra, para que coñecesen os detalles e poidesen facer suxestións, máis o presidente non considerou de importancia convocar ós veciños para esto. Así e todo houbo un día que o concelleiro pasou pola Praza das Conchiñas e alí mesmo explicou todo: como se cambia a iluminación, o pavimento, o tráfico, a peatonalización da calle Corcubión, o mobiliario.... Tamén a mediados de febreiro, cando comenzaron as obras, o Alcalde e a Conselleira de Política Territorial presentaron o proxecto ós veciños na mesma rúa Barcelona cuns carteis. O alcalde dixo que estarán rematadas antes do Nadal. Eu penso as obras son molestas pero a reforma era necesaria, especialmente o tema de sacar as farolas do medio da calle e poder arreglar o tráfico nos cruces con Vila de Negreira, Agra do Orzán, Alcalde Lens e Avenida das Conchiñas, o tema do soterramento de contenedores e tamén un tema importante, e outros...
    Un saúdo.

    ResponderEliminar