Desde este blog queremos publicar estas fotografías dun edificio do barrio que seguro todos coñeceís simplemente ao velo. Pois pra os que non, é o que se atopa no medio da rúa Agra do Orzán, rúa que leva o nome deste barrio.
Esta obra estivo parada durante moito tempo, non por falta de diñeiro para acabala, senón por cometer irregularidades urbanísticas. O concello da Coruña como vén sendo normal no canto de intentar solucionar o problema, e non deixar concluír a obra deste edificio e facer vivenda de calidade e con prazas de garaxe, admite que cada vez se sigan cometendo irregularidades deste estilo, que evidentemente favorecen a uns cantos enriquecidos e seguramente personaxes importante con algún cargo, e para nada favorece aos veciños e menos ao barrio. Con todo isto quero dicir que se algo está mal boto é mellor rectificar a tempo , non permitir cousas como esta.
Luis B.
A verdade e que eu sorprendíame ó ver o esqueleto do edificio, que estivo moito tempo parado. Non sei como poden manter a casiña do lado pegado a iso, que por certo, eu pensaba que sería para oficinas polo pouco espacio que lle vín. A verdade es que últimamente avanzou moito a obra, ainda que non sei exactamente que irregularidades poden estar a cometer, dado que non entendo moito de urbanismo. Por certo, tampouco estaría de máis controlar o que sucede na isleta que está xusto enfrente, e a dobre fila criminal que moitas veces dificulta o paso, sobre todo no meu caso ao entrar e saír do garaxe.
ResponderEliminarSaúdos dun veciño que acaba de descubrir o blog.