domingo, 1 de noviembre de 2009

Comunicado da Xunta Directiva

Comunicado da Xunta Directiva da Asociación Veciñal da Agra do Orzán


Ante a información de que a presidenta da Federación de Asociacións de Veciños da Coruña pretende realizar unha campaña de recollida de asinaturas entre os cidadáns e cidadáns para establecer a fórmula deturpada de “La Coruña” como denominación da nosa Cidade, cando o topónimo oficial e legal é “A Coruña”, por acordo autonómico e municipal, desexamos realizar as seguintes puntualizacións:


      1. A devandita recollida é, en realidade, o inicio da precampaña municipal do PSOE local para as municipais, da que esta señora é unha lacaia e militante impresentable. Lémbrese que este feito coincide significativamente coa proclamación do Sr. Losada como candidato do PSOE para as municipais.

      2. Denunciamos a utilización partidista desta Federación por esta señora, como fixo tamén antes o seu mestre o inefable Folgueira, sempre ao servizo dos intereses partidistas e persoais do que agora é embaixador en Roma.

      3. Esta señora carece dun comportamento democrático, porque a maioría das asociacións veciñais da Coruña non foron consultadas por ela para este tema do topónimo. A súa actitude, ao contrario, é claramente caciquil.

      4. A Federación de Asociación de Veciños está burlándose da cidadanía coruñesa con esta proposta, fóra de lugar. Os coruñeses e coruñesas xa estamos moi fartos de que se xogue politicamente co topónimo da Cidade. O comportamento desta señora é totalmente impresentable.

      5. O PSOE local e esta lacaia pensan que os coruñeses e coruñesas somos idiotas, e confunden as ideas de catro señores fachas e rancios que viven no centro da Coruña coa grande maioría dos coruñeses e coruñesas, que nos importan outra n s cousas.

      6. O PSOE quere distraer tamén con este tema a aprobación próxima do seu proxecto aberrante, irracional e antipopular Plan Xeral de Urbanismo.

      7. As asociacións de veciños que estamos realmente a prol da defensa dos intereses da maioría dos cidadáns teremos que ir pensando en deixar esta Federación, que o único que fai estar vendida á oligarquía e manipular ao servizo dun partido.


Francisco Graña Iglesias

Presidente da Asociación de Veciños da Agra do Orzán

2 comentarios:

  1. Se os va la pinza.

    Un consejo, si queréis ir como vais de galleguistas, escribir correctamente en gallego, no en castrapo.

    ResponderEliminar
  2. Jesús desde o máis profundo do meu corazón e con todo o respecto do mundo creo que non tes nin idea de gramática e menos do que estás falando. Primeiro creo que esta xente non quere ir de galleguita, se non que tomou unha decisión ideomática como galegos que son, e vivimos en Galicia onde se pode utilizar os dous idiomas en calquera ámbito. Segundo creo que denotas certa incultura ao refugar unha iniciativa veciñal que fai desinteresadamente uns veciños , no canto de involucrarche e axudar. E que saibas que grazas a esta xente estanse conseguindo cousas para o barrio. Pero creo que deixas claro e reitérome cunha simple frase unha carencia enorme de cultura.

    ResponderEliminar