martes, 15 de diciembre de 2009

TABOA REIVINDICATIVA

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal AGRA, considera que as necesidades e deficiencias mais salientables do barrio da Agra do Orzán, na actualidade son as que se relacionan nesta TABOA REIVINDICATIVA, que se propón ao conxunto das veciñas e veciños, para a defensa dos intereses xerais do barrio e a mellora do seu benestar social.

Acometida da construcción da 3ª Rolda de Circunvalación,que partindo da rotonda de Manuel Murguía, permitirá a reducción da maioría do tránsito da Rolda de Outeiro, tránsito alleo ao barrio da Agra do Orzán .

Mellora da Rolda de Outeiro no seu tramo pendente, na encrucillada coa Avda. De Fisterra, ca construcción dunha rotonda.

Recuperación do Muiño da Gramela, ca súa reubicación centrada no barrio da Agra do Orzán.

Mellora urbanística da Praza das Conchiñas, incrementando a súa peatonalización.

Rematar o arranxo das beirarrùas e mellora da Rùa Entrepeñas.

Arranxo progresivo das rúas do barrio da Agra do Orzán, xa que desde a súa creación, non se repararon.

Recuperación das parcelas colindantes co Observatorio Meteorolóxico para uso colectivo, de acordo ca dirección do Observatorio, mantendo en calquera caso o funcionamento do mesmo, e en colaboración coa A.VV. do Peruleiro-Mariñeiros.

Galescola no barrio.Polo elevado porcentaxe de galegofalantes na Agra do Orzan,para favorecer a integración das nenas e nenos na lingua e cultura do noso pais.

Creación de un Centro Social ,centrado no barrio da Agra do Orzán, axeitado a importancia e dimensión do barrio e as demandas veciñais existentes no mesmo, especialmente dotado para as necesidades das veciñas e veciños mais desfavorecidos.

Defensa das prazas de aparcamento en superficie no barrio e reposición das que desapareceron como consecuencia das obras realizadas no barrio,rechazo da posible implantación da ORA, no barrio da Agra e arredores,creacion de prazas de curto estacionamento para facilitar a mobilidade de nenas , nenos e maiores

Rehabilitación de vivendas, integral ou parcial, no barrio da Agra

(ascensores, garaxes, baixos........)

Recuperación do acueducto de Montaigú, no campo da Burra (Zona Observatorio)

Conversión das Roldas de Outeiro e Nelle en Bulevares, cando funcione a 3ª Rolda de Circunvalación.

NOTA IMPORTANTE: A construcción dos equipamentos e infraestructuras que demandamos, constitúen hoxe, unha necesidade vital para o noso barrio da Agra do Orzán, pero non aceptamos en ningún caso, que o seu establecemento e construcción deban facerse en perxuicio ou perda de calidade dos espacios públicos urbanos ou equipamentos sociais e culturais xa existentes no noso barrio, e que tantas demandas e incluso mobilizacións supoñeron para a veciñanza do barrio, dende a súa creación.

A Coruña, Xaneiro 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario