martes, 9 de febrero de 2010

Alegacións

Aquí presentamos algunhas das alegacións presentadas no concello polo PXON:


A ASOCIACION VECIÑAL AGRA CIF. G-15142052, da Agra do Orzán, por medio do seu representante o Presidente da mesma Francisco Graña Iglesias. DI-32353574A,

dentro do período legal de presentación de alegacións a o Plan Xeral de Ordenación Municipal de A Coruña, presenta a seguinte:

A L E G A C I O N


-O PXOM que vaise poñer a andar na Coruña, enmárcase na ortodoxia que determina, a indispensable construción de vivendas para poder urbanizar e,xa que logo, no principio axiomático de que sen construción de vivendas non hai plan posible, malia a existencia de mais de 20000 vivendas baleiras na cidade, e a persistente recesión, que supón neste ámbito unha sobredimensionada oferta de vivendas e unha reducida demanda solvente, a pesar da gran necesidade real de vivendas para usar por un amplo sector da poboación coruñesa, especialmente no que atinxe ao sector novo da cidadanía.

-Ante esta situación, propoñemos pola nosa banda, desatendendo ostensiblemente as necesidades especulativas dos promotores urbanísticos, e atendendo con exclusividade as necesidades reais da cidadanía coruñesa mais necesitada, a creación dun Banco Publico Municipal de vivendas, pola banda do Concello da Coruña, que teña nun principio os seguintes obxetivos;

1) –Controlar e facer un inventario real das vivendas desocupadas nesta cidade.

2) –Arrendar ou mercar aos seus propietarios vivendas para constituír un stock de vivendas municipais.

3) –Xestionar este stock de vivendas para usar en traslados por rehabilitacións urbanísticas, ou para ser habitadas en réxime de aluguer ou venda.

4) –Incidir no desenrolo dun mercado de vivendas para fomentar o usufructo e a propiedade a sectores amplos da poboación coruñesa, arestora, fora deste mercado.

5) – Rachar co monopolio da oligarquía promotora e constructora.

A CONCELLERIA DE REHABILITACION URBANISTICA

CONCELLO DE A CORUÑA

No hay comentarios:

Publicar un comentario