lunes, 30 de marzo de 2009

Eleccións á Xunta Directiva da Asociación.

Francisco Graña reelixido Presidente da Asociación Veciñal.

O pasado xoves día 26 celebráronse as eleccións á Xunta Directiva. Como marcan os nosos Estatutos, cada dous anos hai que elixir nova Xunta Directiva, e como xa ven sendo tradicional, o ultimo xoves de marzo, foi a data escollida para celebrar o evento.

Mais desta volta, e como non acontecía desde 1979, xa hai vinte anos, presentáronse dúas candidaturas.

Nunha asemblea que contou cun proceso de elección no que todas as partes coincidiron en cualificar como “extraordinariamente eficiente e democrático”, e no que chegaron a participaron nalgún momento máis dunha terceira parte das persoas socias, o novo presidente acadou o 68 % do voto dando así continuidade aos proxectos iniciados neste último período, entre outros a defensa das parcelas públicas do Parque do Observatorio e a aposta contraria da Asociación á construción da urbanización deseñada pola Concellaría de Urbanismo, a aplicación da normativa de rehabilitación que regula a reforma e construción de ascensores nas casas onde residan persoas con dificultade de mobilidade e non posúan esta infraestrutura e a elaboración dunha normativa autonómica e estatal máis ríxida para a colocación de antenas de telefonía móbil. Por último apostou pola integración das persoas que avalaban a candidatura perdedora no traballo da Asociación xunto co resto de persoas, colectivos, sensibilidades e outras organizacións que de xeito conxunto realizan o seu labor de cotío empregando a Asociación como “a casa común de todas e todos os veciños da Agra do Orzán”, segundo palabras textuais do propio presidente no discurso de investidura.

A nova Xunta Directiva, a parte do propio Francisco Graña como Presidente, queda constituída do seguinte xeito:

O Presidente Francisco Graña no local social da Asociación.

Francisco Graña Iglesias, Presidente
Carlos Suárez Martínez, Vicepresidente
María Luz Martínez Pedreira, Secretaria
Xosé Manuel Liñares Suárez, Tesoureiro
Miguel García Fernández, Vicesecretario
María Pilar Mosquera Pampin, 1ª vocal
Jesús Ricardo Buján Vilela, 2º vocal
José Manuel Cambón Arias, 3º vocal
María Xosé Freixo Mariño, 4ª vocal
Samuel Rodríguez López, 5º vocal
Xosé Manuel Sánchez Rei, 6º vocal
Mercedes Raposo Buján, 7ª vocal
María Luisa Fernández Rodríguez, 8ª vocal
Luis Barreiro Amil, 9º vocal
María José Graña Beceiro, 10ª vocal
María Junquera Castreje Castreje, 11ª vocal
Manuel Miragaia Doldán, 12º vocal
Modesta Alonso Méndez, 13ª vocal
Carmen Tajes Sánchez, 14ª vocal
Carmela Garrido Ordoño, 15ª vocal

Unha das actuacións máis inmediatas que pensa acometer a nova Xunta Directiva (paralelamente ao traballo que xa desenvolve a Asociación) é unha pormenorizara análise da situación do tráfico e o aparcamento en dupla fila, circunstancia que xa recollen hoxe os medios de comunicación (enlázate: http://www.elidealgallego.com) sendo a persoa encargada desta temática o compañeiro Miguel García Fernández.

Se tes algunha suxestión neste tema, ou en calquera dos que traballa a Asociación, ou simplemente queres participar, contacta con nós deixando unha mensaxe no noso blogue ou pásate polo local social.
PARTICIPA!

Papeleta coa candidatura de Francisco Graña, nova Xunta Directiva da Asociación.

lunes, 23 de marzo de 2009

Fotografía histórica


A praia do Orzán era nos anos 20 unha das máis populares e concorridas. As súas batidas augas facíana perigosa para o baño, pero as suas escarpadas rochas convertíana nunha sensacional solana.


Queremos volver recordar a toda a xente que pode participar activamente mandando fotografías, ou os artigos que queiran sobre o barrio.

sábado, 14 de marzo de 2009

Convocatoria de Asemblea Xeral

A Xunta Directiva reunida o pasado xoves día 12 convocou a Asemblea Xeral ordinaria da Asociación Veciñal da Agra do Orzán "Agra".
Prevista para o vindeiro xoves día 26, ás 8 da tarde, a Xunta Directiva, e en cumprimento dos Estatutos da Asociación que fixan as asembleas unha vez ao ano, tomou o acordo de convocala para finais deste mes.
Asemade, desta volta, e tamén como aparece reflectido nos Estatutos, toca renovar a Xunta Directiva polo que o proceso de presentación de candidaturas tamén foi aprobado. Así, as candidaturas que se queran presentar terán de prazo ate as 19h00 do martes 24 e deberán estar conformadas por canto menos nove persoas dispostas do seguinte xeito: presidenta/e, vicepresidenta/e, secretaria/o, tesoureira/o, vicesecretaria/o e catro vocais.
Para poder participar do proceso, isto é, ser persoa electora e poder ser e persoa elexíbel deberase ser socia ou socio da Asociación Veciñal cunha antiguidade canto menos anterior ao 31 de decembro de 2008 e estar ao corrente de pago das cotas correspondentes.
Este proceso electoral baséase nos artigos 11, 25, 26 e 28 dos Estatutos da Asociación e, para todo aquelo non contemplado no mesmos, na Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, a Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemiento Administrativo Común e calquera lei ou norma de caracter superior.
Para calquera súbida ou consulta podes enlazarte cos noso Estatutos, introducidos nas entradas do blogue. Tamén podes pasarte pola Asociación todos os días de 18h00 a 19h00.

viernes, 13 de marzo de 2009

Fotografía histórica


A fotografía desta semana é de 1927. Desde a perspectiva da dársena obsérvase como a cidade empeza a desenvolverse con edificios modernistas, entre os que resalta o do Banco Pastor.

miércoles, 11 de marzo de 2009

ANDANDO A TERRA


Fai uns días tivemos unha pequena entrevista co noso compañeiro Samuel Rodríguez López. O creador do grupo senderista "Andando A Terra" . Samuel por medio deste grupo dá a coñecer a moita xente Galiza, e desde un punto de vista totalmente diferente, xa que realizan diferentes percorridos por todo o país.
A.V. Cando nace a idea?
S.R. Pois a idea nace aproximadamente fai uns catro ou cinco anos, coa premiasa de coñecer o noso país camiñando. E gozando do monte.
A.V. Como son os percorridos que adoitades realizar?
S.R. Son variados, depende da ruta, pero andan sobre uns 15 km. Aínda que poden variar, hai rutas máis curtas e outras máis longas. Pero sempre tratamos de que sexan alcanzables para todas as persoas que veñen.
A.V.Que xente adoita ir aos percorridos?
S.R. De todas as idades, desde xente nova, ata xente da terceira idade, pero a maioría atópase entre os trinta e os sesenta anos. Case toda a xente que vén é asidua, e teñen unha regularidade de asistencia.
A.V. O volume de asistencia é elevado?
S.R. A verdade é que se, temos unha media regular de contorna ás 50 persoas, e como xa dixen é xente que vén regularmente.
Pois xa sabedes, logo de saber isto aquí colgamos o roteiro 2009
Verdes-Esteiro do Anllóns-Cabana de Bergantiños ... 8 de marzo
Polo Couto mixto (Calvos de Randín, Baltar...) ...29 de marzo
Vega de Valcarce (Ancares Leoneses )... Abril
Polo Río Pequeno (O Courel)...Maio
Camiñando en Babia ...Xuño (Fin de Semana)
Menos as que están en roxo as rutas son o último domingo de cada mes.

domingo, 8 de marzo de 2009

CACEROLADA

Na mañá do sábado fixemos a cacerolada que estaba prevista para as 13 horas. O día non nos acompaño pero os veciños como sempre non fallaron e estiveron apoiando cos seus chifres, cacerolas, e tambores. Pois ben aquí tedes algunhas das fotos desta reunión veciñal en contra da corrupción urbanística na zona do observatorio.





viernes, 6 de marzo de 2009

CACEROLADA


O luns día 9 o concello vai aprobar no pleno a configuración definitiva da URBANIZACIÓN DO OBSERVATORIO.
QUEREMOS UN PARQUE
NON QUEREMOS MAÍS EDIFICIOS.
PAQUE SI ,VIVENDAS NON


NON O PERMITAMOS
CACEROLADA


ÁS 13:00 DESTE SÁBADO DIANTE DA PORTA DO
OBSERVATORIO (RÚA CANCELÍÑA)

CONVOCA: PLATAFORMA POLA DEFENSA DO PARQUE DA AGRA

jueves, 5 de marzo de 2009

Fotografía histórica

Logo da resaca das eleccións, toca baixar ao terreal e recrearnos novamente na rutina.

Esta semana puxemos unha fotografía do ano 1900 que mostra en primeiro plano as ruínas do emblemático castelo de San Amaro, que xunto ao de San Antón e San diego, defendían a cidade de hipotéticos ataques.

martes, 3 de marzo de 2009

O Concello a piques de aprobar a "nosa" Normativa.

Unha normativa de rehabilitación que regule a instalación de ascensores para o seu uso polas persoas con dificultade de mobilidade a piques de ser aprobada na nosa cidade. Un éxito da Asociación Veciñal da Agra do Orzán.
A Xunta de Goberno Municipal aprobou o pasado venres, día 27 de febreiro, un primeiro documento regulador, que terá que ser referendado de forma definitiva no próximo pleno municipal do luns día 9. A nova lei, de seren aprobada, entraría en vigor o vindeiro 19 de abril, e segundo as palabras do propio concelleiro delegado de Rehabilitación Urbana e Vivenda, Mario López Rico, "(...)o que será inmediato será o trámite administrativo, que era o problema fundamental, porque moitas comunidades interesadas en colocar os elevadores dispoñen dos cartos ou teñen posibilidade de conseguilos mediante unha derrama extraordinaria, pero non poden facer fronte a un expediente de expropiación que se pode demorar pola vía dos contenciosos(...)".
Todas e todos os que estedes interesados por esta normativa lembrade que os plenos son públicos, polo que se queredes asistir tedes que presentarvos no propio Concello o luns antes do comezo co documento de identidade.
PARTICIPA! Asiste ao Pleno.

lunes, 2 de marzo de 2009

Blogs Do Barrio

Hoxe queremos darlle o noso apoio a outro veciño do barrio. Luís Rodríguez que crea unha bitácora diferente cuns puntos de vista moi particulares. O blog que se fai chamar El Bazar De Jim, o cal o auto define como “ el blog más leído en Cáceres según el último Euskobarómetro” .

Desde aquí dámoslle a benvida á globofera e esperamos que teña unha boa andanza polo ciber espazo.

Visítao en :

http://elbazardejim.blogspot.com/