lunes, 21 de septiembre de 2009

Reflexión


Dende que comezaron as obras de renovación da rúa Barcelona veño oíndo criticas e queixas sobre esta remodelación. Critícas que comezaron cando as árbores que tanto escasean no barrio foron arrincados e convertidos en leña, non foron plantados nunha nova localización se non esnaquizados demostrando novamente o que lle importa ao Concello coruñés os espazos verdes, e manifestando con entusiasmo o que lles encanta o cemento. As estatuas e fontes desapareceron para deixar paso a esa falsa modernidade que parece que xera o cemento no chan.

Se nos pomos a pensar o gasto e o trastorno xerado con esta obra absurda poderiamos realizar melloras e acondicionar zonas verdes, e non afundir aos veciños en máis espazos grises carente de vida.

Desde estas liñas quero plasmar a desconformidade dos veciños deste barrio por esta obra totalmente impersonal , e máis aínda facer ver a mala xestión desde a alcaldía coruñesa.
Luis Barreiro..... Un veciño calquera...

1 comentario:

  1. Hola Luis. Unha suxerencia aproveitando as obras. Seguro que te das conta do buzón de correos que está no medio da acera da rúa Avenida das Conchiñas esq.coa rúa Barcelona. ¿Non se podería avisar a Correos e que no mova de lugar? E que leva así anos, e aproveitando agora as obras...

    Un saúdo, El Blog del Ventorrillo

    ResponderEliminar